
O CORAZÓN NA BOCA
Coprodución co Centro Dramático Galego polo seu 40 aniversario
SINOPSE
Que significa soñar? Que implica?
Que significa soñar aos 16 anos? E aos 83?
Cales son os soños daqueles nenos que fomos un día?
Que trens non collemos? Cales aínda están por coller?
Un elenco de 20 persoas de entre 18 e 80 anos emocionarase e, coa coraxe de quen soña en voz alta, convidaranos a unha viaxe a través dos soños.
Os imposibles, os que se fan realidade, os que xa esquecemos, os que deixamos pasar pero temos cravados, os que con esta obra se farán realidade... Todo isto dende a comunidade teatral gallega, a súa lingua e a súa historia.
Por que?
Porque é o noso aniversario no teatro galego, e mentres apagamos as candeas, hoxe haberá un desexo que se concederá nos nosos escenarios.
Que comece a festa!
![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
|---|---|---|---|
![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
INFORMACIÓN DO PROXECTO
O teatro está cheo de soños: soños imposibles e soños que parecían imposibles pero que se fixeron realidade, soños pendentes que nunca se cumprirán, soños aos que renunciamos, soños do pasado e do presente. En "O corazón na boca", os soños dos protagonistas presentaránsenos no escenario en forma de personaxes, contándonos a viaxe dos soños polas diferentes etapas da vida. Porque nós, como o teatro, tamén estamos cheos de soños.
Unha investigación de NAUTA coa comunidade FEGATEA que, ao longo dun ano de proceso, presenta un espectáculo interxeracional creado colectivamente para celebrar o teatro galego, a lingua e estes 40 anos de historia.
Director: Rafael Rey
Dramaturxia: Nauta Teatro
Axudantes de dirección: Carlos Gallardo, Pilar Pingarrón e Raquel Garabal
Reparto: María Dolores González Roel, Reyes López Taboada, Ricardo Jiménez Jiménez,
Lucía González Carballás, María José González Costas, José Ángel Camba Pereira,
Pablo Fernández Bello, Raúl Alonso Rodríguez, Carlos Iglesias Rebolo, Antonio
Vázquez Turnes, Edita Álvarez Silva, Valentín Entrialgo Ramos, Candela Carballas
Salgado, Sabela Pereira Rodríguez, Victoria Bugarín Lo, Chelo Pampillón Alonso, Adela
Bertolo Lueiro, Pablo Aldrey
INVESTIGACIÓN:
IDENTIDADE DE XÉNERO
INVESTIGACIÓN: IDENTIDADE DE XÉNERO
A investigación teatral sobre a identidade de xénero foi un proxecto promovido por EFFEA (Fondo Europeo de Festivales para Artistas Emerxentes) e en colaboración co Festival Galicreques. Consistou en seis sesións gratuítas de investigación teatral, unha sesión de recollida de materiais e dúas proxeccións públicas: unha no Teatro Constante Liste de Teo e outra en A Gentalha do Pichel de Santiago de Compostela. Todo isto foi dirixido pola compañía de teatro Nauta e o artista e actor drag Nico Elsker.
r
A investigación, que se desenvolveu entre o 18 e o 23 de decembro de 2023, centrouse na identidade de xénero desde a expresión teatral, concretamente a máscara teatral desde diferentes perspectivas: partindo da máscara neutra, a máscara expresiva, a media máscara ata a máscara corporal como a do bufón ou drag.
Escollemos a máscara como elemento central da nosa investigación por varias razóns. En primeiro lugar, porque a máscara é un elemento transformador; transforma o corpo e debe estar ao seu servizo e ás súas dinámicas. Nesta metamorfose, vemos un lugar ideal para investigar os corpos e, especificamente, a construción de xénero. A máscara é a representación perfecta dos arquetipos e estereotipos sociais, e é por iso que con ela podemos cuestionalos, deconstruílos e investigar o que hai debaixo. Parte do traballo tamén implicou investigar elementos cotiáns que teñen un xénero asociado e que tamén actúan como máscaras, como os tacóns altos ou o bigote.
![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
|---|---|---|---|
![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
































