top of page


GAIA BABA

A MEIGA

O mundo, devorado polos residuos, perdeu a súa cor. Frío, gris e cuberto de desperdicios é reinado por unha terrible catástrofe: o lixo.

Seres sen piedade impóñense como amos incontestábeis dunha terra erma. Sen embargo, alguén queda neste falmaguento mundo. Alguén queda barrendo sen cesar as ondas de lixo que sempre

voltan. Alguén queda sen dimitir dun propósito que parece inalcanzable. Alguén queda coa esperanza de que a natureza recupere os seus dereitos: Gaia Baba, a última meiga. 

Reestreamos o noso primeiro espectáculo de sala: Gaia Baba 


Novo equipo.
Novo elenco.
Nova dramaturxia.
Nova escenografía.
Redeseño dos monicreques
¡Y máscaras!

Esta versión destaca por ser técnicamente má
is asequible e pola súa nova escenografía: unha instalación xunto con dous biombos rodantes que dan dinamismo, cor,
e envolven ao espectador nesta aventura fantástica de temática medioambiental.

 

Títeres de mesa, teatro físico e máscara
Todos os públicos (+6)
Sen texto
Duración: 60 min.
Sala e adaptable a espazo non convencional (con iluminación e son)
Dimensións mín. 6 x 4 x 4

Dirección e Dramaturxia: Rafael Rey

Intérpretes: Carlos Gallardo, Nicolás Otero e

               Pilar Pingarrón


Música Orixinal: Filipe Miranda


Escenografía: Rafael Rey, Luca García e Manuel López

Monicreques: Rafael Rey 

Vestiario: Carmen Domech


Deseño de Iluminación: Silvia Castro

                                        Carlos Gallardo 

 

Fotografías: Rocío Rodríguez Freiria

                Lorenzo Negueruela

bottom of page