top of page

A COMPAÑÍA

Nauta é unha nova compañía galega. Un grupo de creadores que utilizan as disciplinas do teatro físico, a máscara e os monicreques.

Únense co obxectivo de crear un teatro contemporáneo, multidisciplinar e accesible para todo tipo de públicos. Nauta pretende ser un punto de encontro onde mergullarse no extraordinario da arte.

EQUIPO

Coordinación
de compañía

Rafael Rey Domech Nauta Teatro

RAFAEL REY 

Dende pequeno explora o mundo da marioneta e o teatro grazas aos seus pais e a súa compañía Títeres Cachirulo. Fórmase na Escola de Artes Escénicas Pábulo en Santiago de Compostela e en 2015 decide trasladarse a Madrid onde se forma na Escuela de Interpretación Jorge Eines e se diploma na Escuela Internacional de Mimo y Teatro Gestual Nouveau Colombier. O seu encontro ca pedagoxía de Jaques Lecoq da man de Arturo Bernal lle anima a afondar nesta formación e viaxa a Bruselas onde se diploma na École Internationale de Théatre LASSAAD (2017-2019). Especialízase no teatro do movemento da guía de Lassaâd Saïdi e Norman Taylor. Forma parte na organización do Festival Internacional de Títeres Galicreques (Galiza) onde afonda e investiga xerando actividades e espazos de encontro sobre a arte da marioneta.

RAFAEL REY DOMECH

Dirección artística
Co-fundador

Carlos Gallardo Nauta Teatro

CARLOS GALLARDO

CARLOS GALLARDO

Dende os 17 comeza a ter contacto co mundo do teatro e do cine, nacendo nese momento a súa paixón por atopar o punto de encontro entre ambos.Fórmase en Comunicación Audiovisual e, mentres tanto, inicia os seus estudos profesionais na Escola de Artes Escénicas Pábulo en Santiago de Compostela.

En 2016, decide trasladarse a Madrid para formarse na Escuela Internacional de Mimo y Teatro Gestual Nouveau Colombier e, en 2018, completar a súa aprendizaxe na Escuela Internacional de Teatro Arturo Bernal, especializándose na pedagoxía Lecoq. É entón cando funda Teatro Crudo, compañía ca que explora o bufón contemporáneo e as estruturas postdramáticas.

En 2020 crúzase no seu camiño Nauta e comeza a súa colaboración.

Imaxe e contido

Pilar Pingarrón Nauta Teatro

PILAR PINGARRÓN

PILAR PINGARRÓN

Coñece o teatro dende moi pequena. Tras diplomarse no Laboratorio de Teatro William Layton en Madrid no ano 2015, atópase ca pedagoxía Lecoq na Escuela Internacional de Mimo Nouveau Colombier, na que se diploma en 2018. Interesada pola voz e a palabra, realiza talleres con Joaquín Notario, Vicente Fuentes e canto con Eva Frey. No ano 2019 crece a súa interese pola danza e recibe clases en Espacio en Blanco por Tejido Conectivo e talleres con Yeiner Chicas e Lucio A. Báglivo. Tamén nese ano, cofunda a compañía Teatro Crudo en Madrid, da que nacen dous espectáculos de creación colectiva que investigan o bufón e as novas dramaturxias. É no 2022 cando inicia a súa colaboración con Moving Compass. Interésalle do teatro o seu poder ritual e investigar a mestura de diferentes disciplinas que abran novos horizontes de expresión e encontro co público.

Produción e distribución

Artistas fixos

MATHIAS RODRIGUEZ

Mathias Rodriguez Nauta Teatro

MATHIAS RODRIGUEZ

Actor creador, é en Tour (Francia) no curso do Centre Dramatique National onde Mathias descubre a súa paixón polo teatro e decide adicarlle a súa vida.

Despois dos seus estudos de artes escénicas en Rennes en 2014, fórmase en Toulouse no Conservatorio de Teatro. En 2016 se diploma na formación de actores do Hangar (Toulouse). O seu percorrido continúa en Bruselas na École Internationale de Théatre LASSAAD (2017-2019). Despois da súa formación viaxa a España para desenvolver o seu proxecto artístico. Formado na danza, as marionetas, a acrobacia e fascinado cas máscaras e o teatro físico, Mathias explora as artes escénicas e busca un teatro vivo e pluridisciplinar.

Actor
Co-fundador

Tristan Ron Nauta Teatro

TRISTÁN RON

Sempre tivo unha estreita relación co debuxo e as artes visuais. Creceu vendo cine, lendo cómics e acudindo a toda clase de espectáculos de teatro, música, performance e danza na Sala Nasa. Foi a cursos e academias de debuxo e de cómic dende pequeno ata licenciarse en 2020 no Grado de Belas Artes na Universitat Politécnica de Valencia.

A súa obra é aberta e non toma un único camiño nin o seu debuxo é dun só estilo. Experimenta cas posibilidades expresivas e capacidades narrativas propias do cómic. A súa relación con Nauta comezou ca entrada do ano 2020.

TRISTAN RON

Ilustrador

RAQUEL GARABAL

Comeza a súa formación na Universidade de Santiago de Compostela, onde o seu interese polas artes visuais e o cine lévana a graduarse en Comunicación Audiovisual no ano 2017. Paralelamente, inicia os seus estudos teatrais na Escola de Artes Escénicas Pábulo, en 2015, onde atopa o seu interese pola expresión do corpo. En 2016, iníciase no teatro de marionetas, traballando en proxectos ca compañía Títeres Cachirulo. Continúa o seu camiño no Institut del Teatre de Barcelona, en 2018, no itinerario de interpretación físico e visual, acabando por graduarse na especialización de teatro físico en 2023. Entre as súas disciplinas destacan a danza contemporánea, o mimo corporal, o teatro de obxectos, a acrobacia, o teatro de texto ou a rapsodia. 
Actualmente traballa como actriz nas compañías Nauta (Galicia), Criatura Teatre (Valencia-Galicia) e La Metralla (Cataluña).

.

esquío02.png

RAQUEL GARABAL

Actriz

Artistas colaboradores
 

TOMÉ MOURIÑO

LYDIA GUEZ

TRAYECTORIA

Nos seus tres anos de traxectoria ten catro espectáculos no seu repertorio e colabora con varios proxectos europeos. Todos eles tratan temáticas sociais e de actualidade que afectan sobre todo á xuventude e ao mundo de hoxe, e que precisan de ser abordados dende unha linguaxe contemporánea e novidosa. Nauta pon o foco do seu traballo en profundizar e descubrir novos xeitos de contar; a plástica e o visual das súas postas en escena e o seu compromiso cun teatro que defende a súa forma máis ritual como arma propulsora para combatir o mundo distópico ao que nos enfrontamos.

A súa primeira creación Nino&Mambrú, nace co obxectivo de remodernizar a media máscara da Commedia del'Arte e levala á rúa contemporánea. A obra foi representada en países como Bélxica, Francia, Suiza, España e Portugal e a día de hoxe conta con máis dun centenar de representacións.

No ano 2020, aínda baixo o nome de Moving Compass, comezan a creación do seu primeiro espectáculo de sala: GAIA BABA. Unha obra que reformula o monicreque de mesa engadindo o diálogo do monicreque co corpo do manipulador. A linguaxe desta obra é a música, o máis universal. É un espectáculo sen texto para todas as idades e nacionalidades, dado que trata un dos temas de máis actualidade, universal e preocupante do noso tempo: o medio ambiente. Nesta ocasión, como un conto fantástico, retratan como sería un mundo ficticio plagado de lixo onde o plástico é o gran omnipresente. GAIA BABA conta con máis de dez representacións a nivel estatal, entre elas o Festival Internacional de Títeres Galicreques, Titirijai en 2020; Galicia Escena Pro e o Festival de Títeres de Redondela.

 

GAIA BABA será re-estrenada en 2024 baixo o título de "GAIA BABA, a meiga" cun novo elenco e dramaturxia.

O universo do seu terceiro espectáculo: Tacão, adaptación do texto do autor Mozambiqueño Mia Couto, son os géneros non normativos, e a confrontación existente entre estes e o sistema heteronormativo preestablecido. Este conflicto en escena tradúcese co enfrontamiento de máscaras de diferentes texturas e formatos. Esta creación contou con residencias na sala Ártika de Vigo, La Nave del Duende en Cáceres e foi representada no Festival Internacional de Títeres Galicreques e no Festival MALUGA (Portugal), en 2021.

No 2022 con A BARCA DO INFERNO, e xa baixo o nome de Nauta, a compañía consolídase como profesional. É a primeira coproducción xunto co Centro Dramático Galego e é froito dunha residencia na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela dentro do proxecto Clásicas Desfeitas. Estrenada na 45ª edición do Festival de Almagro, embárcase na aventura da adaptación dun clásico portugués ás demandas do teatro contemporáneo. 
A BARCA DO INFERNO é finalista á candidatura de mellor espectáculo de títeres e figuras animadas nos Premios María Casares 2023, foi representada no Festival de Títeres Galicreques e no Festival Titirijai en 2023.

 

En 2022 Nauta estrenou o seu primero pasarrúas TREBOADA en colaboración coa banda de batucada Trópico de Grelos. Un espectáculo formado por un elenco de 20 artistas entre manipuladores e músicos, no que Nauta se aproxima por primeira vez ao teatro comunitario.

 

Este ano, continúan desenvolvendo este campo a través de proxectos como o entroido da cidade francesa de Vitrolles, en colaboración coa EMAP (Ecole Municipale d’Arts Plastiques) onde a compañía encargarase por primera vez da construcción de títeres de gran formato (de tres a catro metros).

 

No panorama internacional, forma parte do proxecto PHONE, unha rede europea na que máis de oito países xeran festivais, espectáculos e actividades en conxunto; co obxectivo da posta en valor de diferentes linguas minorizadas a través do teatro.

 

Coproduxo, dirixiu e creou as máscaras do espectáculo Estorias ao Lume, da compañía portuguesa Krisalida Teatro, que trata sobre o folclore galaico-portugués, revalorizando a tradición da narración oral.

 

Xunto con EFFEA (European Festivals Fund for Emerging Artists), o Festival Internacional Galicreques e o concello de Teo, van realizar un proxecto de investigación de teatro comunitario con participantes do colectivo LGBTIQ+, que tratará de investigar a identidade de xénero dende a expresión teatral e o uso da máscara, considerando tamén dentro dela o xénero Drag como ferramenta transformadora. Este será o terceiro proxecto de teatro comunitario neste ano que permite que a compañía continúe a desenvolver o seu propio proxecto pedagóxico.

 

En 2024 xunto con el CDG está coproducindo O corazón na boca, unha das obras do 40 aniversario do centro. Un espectáculo composto por un elenco que pertence á FEGATEA (Federación Galega de Teatro Aficionado).

 

Nauta é unha compañía emerxente que desenvolve a súa faceta plástica xunto a ilustradores, escultores e diseñadores de diferentes ámbitos artísticos, que sigue crecendo e ampliando horizontes creativos, comunitarios, xeográficos e colaborativos.

bottom of page